REPARADO O NOIRO DO ACCESO AO BOMBEO DE MONTE PORREIRO

Aberta a senda do Lérez

Senda do Lerez 6
Senda do Lerez 6
Aberta a senda do Lérez

Pontevedra, 13 de decembro de 2024. O concelleiro de Servizos urbanos básicos, Xaquín Moreda visitou o remate dos traballos de reposición do acceso ao bombeo de Monte Porreiro e da senda do Lérez, logo de que cos primeiros temporais do inverno caeu un noiro derrubando parte da estrada e facendo intransitable a senda empregada a diario pola veciñanza de Pontevedra.

Xaquín Moreda explicou logo de ver o resultado da intervención que "hoxe xa se retirarán os valados e toda a cidadanía de Pontevedra poderá pasar e volver a gozar deste entorno natural privilexiado ao lado da cidade".

O concelleiro resaltou a axilidade coa que se realizou a intervención tendo en conta que o derrube foi o pasado 26 de setembro e o 2 de outubro o Concello xa aprobaba as contratacións das dúas empresas que traballaron no lugar. Por un lado Enmacosa realizou un proxecto de intervención (42.350 euros) e a construtora E.C.Casas realizou o muro escollera (465.850 euros).

"Tamén se fixou a reparación do colector porque este derrube tirou un colector de augas fecais que vén de Bora", indicou Moreda e confirmou que se detectou a necesidade de reformar a canalización de augas pluviais procedentes do barrio de Monte Porreiro que discorrían pola estrada, que tiña un caudal excesivo. Acordouse instalar unha tubaxe directa ao río tratando de reducir a cantidade de caudal de auga que discorre polos noiros da senda.

Aberta a senda do Lérez