45 alumnos de Soutomaior xa están desfrutando do programa de formación en inglés en Irlanda

alumnas e alumnos do programa de inmersion linguistica
alumnas e alumnos do programa de inmersion linguistica
45 alumnos de Soutomaior xa están desfrutando do programa de formación en inglés en Irlanda

Soutomaior, 30 de abril de 2026. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, saúdou ás 45 alumnas e alumnos do programa en Irlanda “Ministays en inglés Soutomaior 2026” antes de partir cara Irlanda, onde están desde a pasada noite e onde permanecerán ata o vindeiro 4 de maio. 

Esta mesma mañá o alumnado comezou a súa formación coa asistencia a clases de inglés ao longo da mañá. Trátase dun programa de inmersión lingüística que lle permitirá ao alumnado entrar en contacto directo co inglés e a cultura de Irlanda. 

Unha actividade onde o concello de Soutomaior sufragou, canto menos, o 50% dos custes deste programa por alumno e alumna empadroada no concello. Cantidade que, en función da renda e das circunstancias sociais e familiares, algunhas familias acadaron o 75% do custe da estadía por alumna ou alumno. 

Deste xeito, o concello de Soutomaior, adicou unha partida de 25 mil euros para este programa en Irlanda que inclúe os gastos de aloxamento e manutención e diferentes actividades culturais como a visita a Dublín, que se realizarán na xornada do sábado, ou a Galway que se realizará o domingo. 

O alcalde, Manu Lourenzo, lembrou hoxe que “a posibilidade de facer estadías nestes países son oportunidades únicas para que o alumnado poida coñecer outros países e tecer lazos co alumnado e familias de Irlanda e tamén para que poidan aprender inglés e verse en contextos de empregar este idioma. Eu tiven a oportunidade de facer unha destas estadías e foi algo moi positivo. O que queremos dende o Goberno de Soutomaior é que o alumnado do concello poida desfrutar deste programa con independencia da súa situación económica”. 

45 alumnos de Soutomaior xa están desfrutando do programa de formación en inglés en Irlanda