O BNG sitúa unha residencia de maiores pública como a maior prioridade para Valga
Valga, 30 de abril de 2026. O BNG sitúa unha residencia de maiores pública como a maior prioridade de Valga,. A proposta parte dunha realidade demográfica de Valga, que ao igual que o conxunto do resto da comarca do Baixo Ulla e de todo o país, presenta un forte envellecemento da súa poboación, cunha porcentaxe de persoas maiores de 65 anos que alcanza o 25%, nunh a tendencia que continuará aumentando nos vindeiros anos. Esta realidade require respostas públicas á altura, planificadas e con financiamento suficiente.
Neste contexto, o BNG defende que a prioridade debe ser reforzar os coidados no fogar, permitindo ás persoas maiores permanecer na súa casa até o máximo que lles sexa posible. Para isto, proponse ampliar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para elim inar a alongada listaxe de agarda que existe en Valga, e que fai que as familias teñan que esperar para a asignación dunha coidadora meses, e ás veces incluso anos. Neste sentido, o BNG sinala tamén que o financiamento do SAF debería ser asumido de maneira íntegra pola Xunta de Galiza, ao tratarse dun servizo esencial, evitando así que o seu custo sexa asumido de forma desproporcionada nos concellos.
Con todo, esta aposta polos coidados no fogar debe complementarse cun centro residencial de titularidade e xestión pública. Valga precisa urxentemente contar cunha residencia para persoas maiores, e así evitar que moitas familias teñan que buscar solucións fóra do concello ou asumir custos elevados en centros privados. Para o BNG, esta situación evidencia a necesidade de apostar decididamente por unha residencia pública, garantindo unha atención accesible, de calidade e non condicionada pola capaci dade económica das familias. O coidado das persoas maiores non pode depender de quen teña a capacidade económica para pagar máis; debe ser un servizo garantido e non un ben de consumo.
Mentres estas necesidades básicas seguen sen unha resposta real, o actual goberno municipal continúa a situar as súas prioridades noutro lugar, apostando por grandes obras onde se invisten millóns de euros, como o proxecto para a construción dun parque acu ático en Porto Piñeiro, a maior partida nos orzamentos municipais deste ano ,e sobre o que o actual goberno non foi quen de demostrar a súa viabilidade, nin a súa capacidade de mantemento a medio e longo prazo. Esta forma de actuar evidencia unha falta de planificación nas cuestións esenciais e unha desconexión coas necesidades reais das veciñas e veciños.
Para facer viable o proxecto, o BNG propón a cesión de terreos municipais á Xunta de Galiza e a sinatura dun convenio de colaboración, que permita financiar a construción da residencia, así como a súa integración na rede pública dependente da propia Xunta. Desde o punto de vista urbanístico, o BNG identificou e comprobou a idoneidade duns terreos de titularidade municipal e que compren con todos os requisitos urbanísticos. Trá tase dunha parcela coa referencia catastral 36056A029007260000AQ, de 6.608 metros cadrados, e na que se localizaba o antigo campo de fútbol do Pino. Esta ten unha clasificación urbanística dotacional, totalmente compatible coa construción dunha residencia pública.
En definitiva, esta proposta combina dúas liñas fundamentais: por unha banda, reforzar os coidados no fogar como primeira opción, e por outra, crear unha infraestrutura pública que dea resposta cando ese coidado xa non é suficiente, evitando que as persoas maiores teñan que abandonar Valga. Para Fran Devesa, voceiro municipal do BNG, “o goberno municipal de Valga leva anos sen planificar algo tan básico como o coidado das persoas maiores. Nós propoñemos facelo con seriedade: máis apoio ás familias, máis servizos no fogar e unha residencia pública para Valga. Esta debería ser a prioridade absoluta no investimento e na dedicación dos recursos municipais”.
Páxina 2