O GOBERNO MUNICIPAL FIXO UN ESFORZO PARA NINGUÉN QUEDASE FÓRA
200 nenas e nenos de Barro participan no Espazo Concilia
Barro, 2 de xullo de 2024. O concello de Barro puxo un ano máis en marcha a iniciativa Espazo Concilia, un proxecto pensado para axudar ás familias que teñen dificultades para conciliar nos meses das vacacións escolares.
Este ano volveuse superar o récord de inscricións, chegando ás 200 prazas, e aínda así, desde o concello fíxose o esforzo para acoller todas as inscricións e evitar que ningún cativo de Barro quedara sen praza.
O alcalde, Xosé Manuel Fdez. Abraldes, valora positivamente “a gran acollida que ten esta actividade e que ano tras ano vai aumentando o número de cativas e cativos que participan”.
O Espazo Concilia desenvólvese polas mañás no Pazo da Crega e nos xardíns que o rodean. Ademais, cando o tempo o permite, realizan xornadas na piscina municipal, que abre expresamente para esta actividade.