10 novos operarios súmanse ao cadro de persoal de vías e obras do concello de Soutomaior

O alcalde dándolle a benvida ás novas e novos operarios
O alcalde dándolle a benvida ás novas e novos operarios
10 novos operarios súmanse ao cadro de persoal de vías e obras do concello de Soutomaior

Soutomaior, 17 de marzo de 2025. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, deu a benvida ás 10 novas persoas que se incorporan ao cadro de persoal de vías e obras do concello de Soutomaior, 6 peóns forestais, 2 varredoras e 2 albaneis. 

Mediante un procedemento realizado con total transparencia e en igualdade de condicións, Soutomaior incorporará entre mes de marzo e o mes de maio case un vintena de persoas a cadro municipal para realizar mantementos e limpeza de rúas no concello. A maiores o Concello tamén oferta un posto de auxiliar administrativo e outro para auxiliar da biblioteca que se incorporarán o 1 de abril. 

Este proceso de contratación pública está marcado en todo momento pola transparencia impulsada polo Goberno de Soutomaior. Así, a finais de xaneiro o Goberno local fixo públicos nas oficinas, nas redes sociais e nos medios de comunicación os códigos que as veciñas e veciños que así o quixeran tiveron que presentar na Oficina de Emprego para poder optar ás prazas. Trátase do segundo ano consecutivo que o Goberno de Soutomaior publica estes códigos para que todos os veciños e veciñas estivesen en igualdade de condicións. Unha iniciativa que antes do comezo do actual mandato non se viña facendo. 

Unha rematado o prazo de presentación de candidaturas, a Oficina de Emprego realizou de maneira independente unha primeira escolla de persoa para cada unha das prazas ofertadas. A Oficina de Emprego manda este listado ao Concello de Soutomaior, que se encarga de solicitar ás persoas que opten ás prazas a documentación requirida. Unha vez entregada e confirmada que toda está en orde, as persoas candidatas tiveron que realizar unhas probas de aptitude que foron avaliadas por un tribunal independente sen relación algunha co Goberno de Soutomaior. 

A partir dese momento a incorporación do persoal de rúa realizase de maneira escalonada co obxectivo de que haxa persoal a maior parte do ano, e que nos meses de maior necesidade, o concello conte coa totalidade das persoas contratadas de maneira activa. Deste xeito hoxe comezaron 10 persoas ás que se sumarán no mes de maio 4 peóns forestais, 2 varredoras e 1 albanel. Así, nos meses de verán, a cuadrilla de obras municipal estará integrada por preto de 20 persoas que se encargarán de manter o concello limpo e en boas condicións. 

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “Soutomaior traballa para ter a mellor cuadrilla de obras da súa historia, co obxectivo de manter os nosos barrios limpos e como merece a nosa veciñanza. Todo isto a través dun proceso de contratación realizado con total transparencia e en igualdade de condicións. Así é como se constrúe un Soutomaior que avanza en todos os ámbitos e que está á altura da nosa veciñanza”

10 novos operarios súmanse ao cadro de persoal de vías e obras do concello de Soutomaior