1´5 millóns en obras no rural de Pontevedra até final de ano
O Concello de Pontevedra invistirá arredor de 1,5 millóns de euros en até 27 obras no rural que estarán rematadas co inverno. As actuacións previstas inclúen obras de saneamento, reformas e arranxos de estradas e vías secundarias, conexións de lugares e peonís ou de calmado de tráfico.
O Concello de Pontevedra invistirá arredor de 1,5 millóns de euros en até 27 obras no rural que estarán rematadas co inverno. As actuacións previstas inclúen obras de saneamento, reformas e arranxos de estradas e vías secundarias, conexións de lugares e peonís ou de calmado de tráfico.
Son dez as parroquias beneficiarias destas obras: Campañó, Cerponzóns, Bora, Mourente, Marcón, Tomeza, Salcedo, Lourizán, Ponte Sampaio e A Canicouva.
O concelleiro coordinador do Rural, Demetrio Gómez, cualifica este feixe de obras de “exemplo de participación e democracia”, xa que son actuacións consensuadas nos distintos consellos parroquiais coas asociacións e veciñanza de cada unha delas e subliñaba a “complexidade” da súa posta en marcha.
Primeiro houbo que localizar e definir as necesidades de cada lugar, despois estudar a dispoñibilidade orzamentaria, a continuación os servizos técnicos municipais avaliaron a demanda, deseñaron o proxecto e fixeron a contratación e agora é o tempo do traballo das empresas.
O custe das obras previstas, en números redondos, vai dende os 30.000 aos 60.000 euros.
Demetrio Gómez puxo exemplos das distintas actuacións que se van a acometer. No caso do saneamento -“pechar a rede é unha prioridade para nós”- está a obra de Tilve (Cerponzóns) -Sabarís (Campañó). Se falamos de conexión de vías entre lugares está a de Cabanas-Matalobos ou Vilar-O Rañadoiro e se o tema son os calmados de tráfico están previstas, entre outras, actuacións e O Pobo (Tomeza), Os Areais, A Carballeira (Salcedo), O Costado (Mourente) ou A Ría de Abaixo (Marcón). E exemplos de conexións peonís son a que unirá Salcedo-Tomeza- parque de Os Gafos ou o do camiño escolar A Fontaíña-Ponte Sampaio.
Listaxe de obras.
• Calmado de tráfico no Pobo
• Saneamento en Sabarís
• Reforma interior de Changa
• Camiño escolar na Fontaíña
• Calmado de tráfico no Carballeira
• Asfaltado no Cunchido
• Asfaltado en Pidre e A Fonteiriña
• Asfaltado das Pombas
• Saneamento en Tilve
• Reforma e interior en Rorís e Lourizán
• Conexión Cabanas-Matalobos
• Calmado de tráfico na Ría de Abaixo
• Asfaltados na Ruibal e A Torre
• Asfaltado interior en Matalobos
• Asfaltado en Cachapal
• Arranxo do firme no Vigario
• Arranxo da estrada O Vilar- O Rañadoiro
• Saneamento no Ramallás
• Rehabilitación camiño na Amiúza
• Conexión peonil Salcedo-Tomeza-Parque dos Gafos
• Calmado de tráfico no Pobo
• Calmado de tráfico na Carballeira (Salcedo)
• Asfaltado na Barca
• Asfaltado do Outeiro
• Asfaltado das Chans
• Arranxo da estrada Xustáns-Ponte Sampaio