O Concello axardina dúas parcelas en Pasarón que facilitarán o acceso á zona educativa da Xunqueira
Pontevedra, 20 de outubro de 2023. Pontevedra incorporará ao uso público dúas pequenas parcelas situadas entre as rúas Leonardo Enríquez e avenida de Compostela (ao carón do campo de fútbol de Pasarón), quen permitirá permeabilizar o barrio cara a área educativa da Xunqueira.
As dúas parcelas cunha superficie total de 734 m2 foron adquiridas polo Concello e estaban adicadas á horticultura e ao cultivo da viña. A intervención que realizará o departamento de Parques e xardíns, que dirixe Xaquín Moreda, consiste na creación dun espazo público axardinado que sirva de acceso directo á pasarela peonil sobre a avenida de Compostela -un permiso que o Concello tramita ante Fomento-. Esta actuación permitirá mellorar a seguranza viaria na zona, facilitando o acceso á Xunqueira a través da pasarela elevada.