A veciñanza de Aranza denuncia o abandono do lugar

A veciñanza de Aranza denuncia o abandono do lugar

Soutomaior, 24 de setembro de 2020. Veciños e veciñas de Aranza se puxeron en contacto nas últimas semanas co Portavoz municipal do BNG Manu Lourenzo, para trasladarlle a súa preocupación polo abandono que sofre o lugar por parte do goberno municipal de Soutomaior.

Os veciños e veciñas denunciaron que hai camiños tradicionais que son parte fundamental da paisaxe única de Aranza que lonxe de poñerse en valor como reclamo turístico ou paisaxístico están absolutamente intransitables. “Temos unha ladeira de socalcos que están protexidos como patrimonio e vemos como este socalcos se desmoronan enriba dos camiños, pasan os anos e ninguén fai nada por recuperalos” sinalaban un dos veciños. 

O mesmo acontece con outros elementos do patrimonio etnográfico do barrio: "temos fonte e pozas tradicionais que están prácticamente ocultas polo estado de abandono no que se atopan", denuncia a vecilanza.

Pero estes camiños intrasitables afectan tamén a reclamos turísitico para Aranza como son as pozas. Sendo un paisaxe única e cun potencial inmenso vemos como non se habilitan sequera zonas para aparcar o que crea problemas para a veciñanza, denuncian

Pero sen dúbida o aspecto que máis reclaman os veciños é o estado no que se atopa a estrada de subida a Pazos de Borbén. “E unha vergoña, sinalaba outro dos veciños. Fixeron tal chapuza cando botaron o asfalto, e foi de tan mala calidade, que dous anos despois está igual, pero ademais a grava que desprende é un perigo para a circulación. Temos un desprendemento na curva da estrada que leva anos sen que o Concello mova un dedo. Será que os veciños de Aranza somos veciños de segunda” sinalaba o veciño.

Manu Lourenzo, que xa denunciou varias destas situacións en diferentes plenos municipais, esixiu que se puxesen solucións de inmediato.

A veciñanza de Aranza denuncia o abandono do lugar