A Generalitat valenciana interésase por Pontevedra

A Generalitat valenciana interésase por Pontevedra

O Concello de Pontevedra recibiu a visita de Manuel Ríos Pérez, director xeral de Transportes e loxística da Generalitat de Valencia, que se achegou á cidade do Lérez para coñecer de primeira man o desenvolvemento do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) de Pontevedra.

Nun encontro co concelleiro de Infraestruturas e Mobilidade, César Mosquera e o director xeral de Alcaldía e Urbanismo, Xosé Manuel Tato, abordaron a situación dos PMUS no Estado e da problemática que está a supoñer para os concellos polas colisións que se producen na aplicación da normativa estatal en materia de mobilidade. Este asunto tiña un especial interese para o responsable da Generalitat dado que é unha obriga para os concellos valencianos de máis de 20.000 habitantes.

Na reunión falaron tamén de transporte, en concreto, das distintas solucións do transporte a demanda.

A Generalitat valenciana interésase por Pontevedra