Repulsa polas pintadas mafiosas de PP-CCOO contra o noso compañeiro Uxío Benítez

Ameazas Uxío
Ameazas Uxío

O BNG fai un chamamento a PP e CCOO a que poñan fin ás súas prácticas mafiosas.

Repulsa polas pintadas mafiosas de PP-CCOO contra o noso compañeiro Uxío Benítez

O BNG manifesta a súa "máis profunda repulsa" ante as novas ameazas sufridas polo deputado Uxío Benítez  por mor das "supostas reivindicacións" do Parque de Maquinaria. O vicepresidente asegurou que respecta "a liberdade de expresión ata o infinito" pero que as ameazas non son "forma de conseguir nada e non teñen ningún sentido". 

As citadas ameazas consistiron en pintadas en varios lugares do centro urbano de Tomiño e de Goián contra Uxío Benítez, nas que nesta ocasión se inclúe o símbolo dunha diana. Mosquera volveu facer un chamamento á cordura aos autores das mesmas, o PP e CCOO, e lembroulles que este tipo de ameazas "non axudan a resolver nada" e afirmou que "é grave que sigamos padecendo as mesmas mañas mafiosas de ameazar persoalmente a alguén"

Uxío Benítez afirmou que neste momento se está redactando un informe en Tomiño sobre o alcance das pintadas, realizadas sobre todo en bens de titularidade pública, e que a nivel persoal volverá a emprender medidas para garantir a súa integridade física.