Irregularidade na exposición pública dos camiños da parcelaria en Romai

portas-candidatura
portas-candidatura

O BNG-Asembleas Abertas detectou graves irregularidades na documentación que se atopa actualmente exposta do proxecto de rede de camiños da concentración parcelaria da parroquia de Romai, polo que presentará alegacións para esixir a apertura dun novo período de exposición pública despois da corrección dos erros existentes.

A día de hoxe, venres 7 de outubro, os planos que se atopan expostos na casa do concello (só en versión electrónica, en pdf), están cortados e incompletos e a documentación da ligazón web á que remiten os carteis anunciadores non contén os planos do proxecto, polo que os veciños e veciñas interesados non poden coñecer o seu contido. (http://mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/anuncios/infraestructuras/Proxecto_caminos_adaptados_lei_METAGA_Romai.pdf)

A isto engádese que os carteis colocados polo concello avisando da exposición do proxecto non indican a data a partir da cal comeza a contar o período dun mes de exposición pública para presentar alegacións, causando novamente indefensión nos interesados.

O goberno municipal, ocupado en organizar festas, nin convoca plenos ordinarios dende hai máis de tres meses nin se preocupa dun asunto tan importante como unha parcelaria. O BNG-Asembleas Abertas demanda a celebración de reunións informativas sobre a parcelaria de Romai para responder as dúbidas veciñais sobre un asunto que lles vai afectar fondamente.