A reforma da casa consistorial de Sesmeros estará lista no mes de xaneiro

A reforma da casa consistorial de Sesmeros estará lista no mes de xaneiro

A reforma da Casa Consistorial chega ao seu fin. O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores acompañado da concelleira de Réxime Interior, Eva Vilaverde visitaron a reforma do edificio nunha “penúltima visita”. Pendente de detalles, mobiliario e limpeza final, a Casa Consistorial estaría lista para o 20 de Xaneiro, día de San Sebastián, patrón de Pontevedra.

Lores dixo estar “moi satisfeito co resultado final da obra, tanto por parte dos arquitectos, dos técnicos municipais, como por parte da empresa, que están traballando seriamente e cumprindo os prazos”. Lembrou que queda “un edificio recuperado, con todas as garantías de accesibilidade en todos os sentidos, porque ten un ascensor, baños accesibéis, para persoas ostomizadas, para cambiar bebés na planta baixa… Vai a ser un edificio representativo, institucional, onde celebraremos os plenos e outro tipo de actividades”.

A reforma da casa consistorial de Sesmeros estará lista no mes de xaneiro