Pontevedra remite a acta de cesión do tramo da N-550 á Xunta e solicita o inicio do expediente para o proxecto da Variante de Alba

Miguel Anxo Fernández Lores
Miguel Anxo Fernández Lores
Pontevedra remite a acta de cesión do tramo da N-550 á Xunta e solicita o inicio do expediente para o proxecto da Variante de Alba

Pontevedra, 20 de febreiro de 2025. Miguel Anxo Fernández Lores anunciou o envío da acta de cesión do treito da estrada N-550 á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, solicitando deste xeito o inicio de expediente para o proxecto da denominada Variante de Alba. 

“Unha vez que o Ministerio nos transferiu o tramo desta estrada, e asinado todos os documentos necesarios, é o momento de comunicarllo á Xunta de Galiza para que reinicie os trámites que permitan elaborar e crear a chamada Variante de Alba”, explicou o rexedor. “Cumprimos así co condicionante que nos puxo o Goberno galego, de contar nós coa titularidade deste espazo, e agardamos que o proxecto se reactive”. 

Fernández Lores explicou que esta futura obra “está no bo camiño”, e agarda que nos vindeiros anos poida transformarse nunha realidade, e non nun proxecto paralizado ou demorado de xeito indefinido. 

Pontevedra remite a acta de cesión do tramo da N-550 á Xunta e solicita o inicio do expediente para o proxecto da Variante de Alba