As zonas verdes de Pontevedra tínguense de cor
Pontevedra, 16 de xullo de 2024. A Concellaría de Servizos Urbanos Básicos, que dirixe Xaquín Moreda está a rematar nestes días as plantacións de novas especies e reposicións nos parques, xardíns, rotondas, escavas, medianeiras... que comezaron na primavera. Neste ano, debido ás intensas chuivas e ao mal tempo, estes labores prolongáronse no tempo e están a rematar nestes días.
As últimas actuacións realízanse, entre outros lugares, na rotonda de Doce de novembro, Augusto García Sánchez, Eduardo Pondal, Cruz Vermella, Camiño vello de Castela, avenida de Vigo ou Pintor Laxeiro.
Ademais de planta de tempada, tamén se empregan especies vivaces, que son plantas herbáceas non leñosas e perennes. Florecen durante o verán e no inverno a súa raíz permanece viva para cando chegue a primavera volva a florecer repetindo o ciclo ano tras ano con maior forza.
En total a Concellaría está a plantar 2.644 unidades de 35 especies distintas que darán cor e luz aos espazos de encontro e melloran a paisaxe urbana