A Xunta retoma o hospital de Montecelo despois de 7 anos pareando a perdiz
A Xunta de Galiza retoma o proxecto de ampliación do Hospital Montecelo, segundo declaración do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, que se achegaron ao Concello de Pontevedra para presentar a súa proposta tanto ao Goberno Local como aos grupos da oposición.
Nunha comparecencia posterior, o conselleiro explicou que fai uns meses abriu un proceso de diálogo cos distintos axentes implicados neste proceso: Concello, sector sanitario, sindicatos, asociacións de veciños, comuneros de montes para pulsar o sentir destes colectivos. E detectou un rechazo frontal e unánime ao proxecto de Monte Carrasco.
O conselleiro asegurou que unha vez que exista consenso sobre a ampliación de Montecelo, a Xunta de Galicia aparcará o proxecto do hospital de Monte Carrasco.
No Concello houbo boa sintonía coa decisión de aparcar Monte Carrasco e retomar o proxecto de Montecelo. Aínda sen ter demasiados datos sobre a mesa -porque iso sería parte doutro proceso da negociación- si se deu a coñecer que o novo Hospital se construiríapara a parte de atrás de Montecelo, sería de agudos e se deixaría o actual edificio para outras especialidades como cirurxía ambulatoria, corta estancia, hospital de día aínda que todos os servizos sanitarios estarían por definir.
O conselleiro comprometeuse a ter unha segunda reunión co alcalde nos vindeiros días, para ir pechando esta aposta e tamén por ir concretando compromisos xa adiantados polo alcalde como a colaboración do Concello na urbanización do entorno e, incluso, da Deputación na rede viaria.
Porase fin deste xeito á absurda pretensión do PP de construir un hospital privado en Monte Carrasco.
O PP perdeu sete anos importantísimos pola súa arrogancia, a súa miopía política e polo seu desprezo á vontade reiteradamente manifesta da sociedade pontevedresa de rexeitar Montecarrasco e apostar pola ampliación do actual Montecelo.