Xosé Luís Rivas, ‘Mini’, asistirá este mércores ao acto do BNG de Soutomaior para a “concienciación” sobre a xestión do monte
Soutomaior, 15 de xuño de 2021. O deputado Xosé Luis ‘Mini’ Rivas asistirá este mércores 16 de xuño ás 20.30 horas a un acto organizado polo BNG de Soutomaior na Casa da Cultura Rexina Míguez de Soutomaior. O acto, baixo o nome ‘A xestión do monte en mancomún’, tratará sobre como as comunidades de monte poden sacarlle máximo rendemento económico e social ao monte galego sen caer na depredación promovida pola Xunta de Galiza.
O coloquio informativo encádrase na liña do acto que xa levou a cabo o BNG de Soutomaior en maio deste ano, no que convidou a membros das comunidades de montes da contorna do concello e á veciñanza interesada para visibilizar a situación dos parques eólicos na Galiza.
Mini Rivas compartirá escenario co tamén deputado no parlamento e portavoz do grupo municipal, Manu Lourenzo, e o técnico agroforestal Xosé Antonio ‘Tonecho’ Meixide Fernández
O Bloque Nacionalista Galego leva anos a defender unha política medioambiental que respete á flora e fauna galega, poña en valor o patrimonio histórico do agro do país e que revitalice o rural de cara as futuras xeracións. Todo isto fronte ao modelo de monte que propugna a Xunta, “afastado” do interese xeral dos habitantes da Galiza.
Ademais de ‘Mini’ Rivas, no acto tamén intervirá o portavoz do grupo municipal do BNG e deputado no parlamento, Manu Lourenzo, e o técnico agroforestal e mestre de Formación Profesional, Xosé Antonio ‘Tonecho’ Meixide Fernández.