PAZO DA CULTURA. 20 E 21 DE DECEMBRO

Xogar por Xogar, proposta da Concellería de Benestar Social para que a veciñanza das parroquias e barrios gocen cos xogos de cartas tradicionais

xogo de cartas
xogo de cartas
Xogar por Xogar, proposta da Concellería de Benestar Social para que a veciñanza das parroquias e barrios gocen cos xogos de cartas tradicionais

Pontevedra, 18 de decembro de 2025. Pontevedra acolle esta fin de semana a xuntanza Xogar por Xogar, un encontro lúdico promovido pola Concellería de Benestar Social, e posta en marcha por Risotadas, para amosar as destrezas e habilidades das persoas participantes en distintos xogos de baralla e pasalo ben en boa compañía.

O encontro terá lugar no Pazo da Cultura, os días 20 e 21 de decembro (sábado e domingo). Mala ser de balde, para participar hai que inscribirse: cubrindo o formulario de apuntate.pontevedra.gal, ou no teléfono 651 720 350, ou ben no mesmo Pazo, media hora antes do inicio dos xogos.

As persoas interesadas poden elixir entre os seguintes xogos:

 

  • Sábado 20 de decembro, de 17.00 a 20.30 horas: brisca, escoba e tute (parellas)
  • Domingo 21 de decembro, de 11.00 a 13.30 horas: chinchón e cinquiño (individuais)

A actividade vai dirixida principalmente ás persoas maiores de 60 años, de todas as parroquias, onde as veciñanzas atoparán información nos centros sociais, aínda que tamén está aberta á poboación urbana.

A xuntanza Xogar por Xogar forma parte dun proxecto máis amplo, que terá continuidade no 2026: Cartas no Rural, co que a área de Benestar Social, dirixida por Anabel Gulías, pretende contribuír a dinamizar a vida social das parroquias, estimular as relacións inter-personais, estreitar lazos de amizade e veciñanza e profundar no sentimento de pertenza á unha comunidade.

Xogar por Xogar, proposta da Concellería de Benestar Social para que a veciñanza das parroquias e barrios gocen cos xogos de cartas tradicionais