SÁBADO 21 A PARTIR DAS 19 H.

O Vilar (Ponte Sampaio) celebra a 3ª edición da Fiada da Carballeira

Presentación Seran Vilar Ponte Sampaio
Presentación Seran Vilar Ponte Sampaio
O Vilar (Ponte Sampaio) celebra a 3ª edición da Fiada da Carballeira

Pontevedra, 18 de xuño de 2025. A Concellaría de Cultura e a Asociación cultural Carballeira do Vilar, de Ponte Sampaio, organizan este sábado, 21 de xuño a terceira edición da Fiada da carballeira, un encontro con obradoiros, música tradicional, baile, comida e bebida que ten a súa orixe nas xuntanzas que facían os vellos do lugar para traballar e que remataban sempre nunha festa con panderetas e baile.

A Asociación Carballeira recuperou hai tres anos esta vella tradición que se tiña perdido. Nesta ocasión será un gran serán de música tradicional coa participación de grupos como Foula de Tenorio, Pandereteiras do Val de Quireza, Xeitosos da Insua, Os do Matadeiro, Pandereteiras Veira do Río de Ponte Sampaio, Morenos Peludos, Os Fervellos do Pío...

Cartaz Seran Vilar Ponte Sampaio
Cartaz Seran Vilar Ponte Sampaio

Tamén programan obradoiros impartidos por Erica Iglesias: ás 19.00 horas de percusión miúda, ás 20.00 horas de baile tradicional, ás 21.00 horas arranca o serán con música, baile e troula.

O Vilar (Ponte Sampaio) celebra a 3ª edición da Fiada da Carballeira