VII edición de PonteAndadas, oito andainas para coñecer as parroquias pontevedresas e manter o corpo en forma
A sétima edición de PonteAndadas, organizada por Naturgaliza coa colaboración do concello de Pontevedra, bota andar con oito roteiros accesíbeis para coñecer as parroquias pontevedresas.
Máis aló de calquera idea competitiva, as andainas de PonteAndadas buscan ser un actividade “asequíbel” tal e como destacaron Juan Romero e Javi Piñeiro, responsábeis de Naturgaliza, durante a súa presentación. Así, cada quen poderá ir ao seu ritmo, achando lugares que quizais non coñeza e atopando novos sendeiros que percorrer.
A primeira das rutas está programada para o domingo 21 de abril e ten como protagonista a parroquia de Santo André de Xeve. Seguiralle o 12 de maio un roteiro pola Canicouva, o 16 de xuño, polo Salgueiral (Bora), o 30 de xuño polo Mont Carrasco, 0 14 de setembro un roteiro nocturno semi-urbano, o 20 de outubro pola Meán (Lérez), o 17 de novembro por Tafisa e o 15 de decembro por Salcedo.
Todos os roteiros móvense entre os 10 e os 14 quilómetros, e é preciso realizar unha inscrición previa a través do enderezo electrónico [email protected] ou no teléfono 625 482 636, ademais de xeito presencial nas Galerías Peregrina, número 3. Este proceso ten un custo de 2 euros para pagar o seguro da actividade.