O sub-delegado do goberno español amosa o seu apoio á humanización da avenida Castelao
Soutomaior, 17 de outubro de 2024.O subdegelado do Goberno amosou o seu apoio a esta proposta de humanización, ao que engadiu que “se trata de iniciar un proceso moi importante para Arcade. Dende a subdelegación do Goberno temos coma un dos obxectivos intermediar e botar unha man ante os Ministerios nas demandas razoables dos concellos, estamos ante unha demanda razoable e necesaria xa que a Nacional 550, ao seu paso por Arcade, é unha travesía moi dura para calquera que pase por esta zona”. Ao que Losada engadiu que “todo o que sexan procesos de humanización e de facer a vida máis amable da cidadanía terá sempre o apoio do Goberno”.
O alcalde de Soutomaior agradeceu o compromiso de Abel Losada ante esta demanda histórica. Estamos, lembrou Lourenzo “ante un momento histórico, a situación actual supón un paso de xigante para a transformación urbana do concello, polo que implica a mobilidade, a vertebración e o futuro de Soutomaior”.
A visita do subdelegado hoxe a Soutomaior estivo centrada en facer público o novo regulamento de vehículos históricos que entrou en vigor o pasado 1 de outubro.
Para dita presentación o concello de Soutomaior contou coa colaboración da Asociación do Club Seat 600 de Arcade. Ata o concello se achegaron tres coches clásicos de dita asociación para coñecer de primeira man este novo regulamento mediante o cal se fomenta a restauración e conservación deste tipo de vehículos: se impulsa os clubs ou entidades relacionadas cos vehículos, xa que están habilitados para expedir certificados. Un novo regulamento mediante o cal se incentiva a conservación animando aos propietarios.
Dende o concello, Manu Lourenzo, amosouse encantado de recibir ao subdegelado e tamén da boa acollida o mundo do motor e do coche clásico deste novo regulamento. Lourenzo lembrou que Soutomaior conta cun club 600 con moita relevancia e dixo que “esta nova normativa permitirá axilizar todo o que teña que ver coa conservación e posta en valor do vehículo clásico, dende o concello tócanos facer a parte de deberes, desenvolver a parte da ordenanza municipal para que todo isto sexa unha realidade canto antes”.