AO PECHE PROLONGADO DO CONSULTORIO MÉDICO DE SOUTOMAIOR SUMASE AGORA A NEGATIVA DO SERGAS A CUBRIR AS BAIXAS E VACACIÓNS

Soutomaior queda, máis unha vez, co persoal sanitario baixo mínimos

DSCF0557-Manu Lourenzo
Manu Lourenzo
Soutomaior queda, máis unha vez, co persoal sanitario baixo mínimos

En Soutomaior siguen a padecer unha situación dramática en canto á sanidade se refire. Primeiro foi o peche do consultorio médico da parroquia de Soutomaior dende o inicio da crise do covid-19 sen motivo aparente e sen ningún tipo de explicación, consultorio que segue pechado na actualidade, co problema que isto supón na poboación obrigada a desprazarse, consultorio que, ademáis, segue sen data de reapertura. A isto súmase agora a negativa do Servizo Galego de Saúde, dependente da Xunta de Galicia, de cubrir as baixas e vacacións dos facultativos do centro médico de Arcade, o único centro médico que queda en activo neste concello.

Na actualidade contan cun único facultativo para dar atención a máis de 7000 veciños. Dende a páxina do SERGAS non permiten pedir citas dada esta situación, problemas que se suman a outros como uns cupos de pacientes por facultativo moi superiores ao recomendado, “se a situación antes xa era mala, agora é insostible” denuncian algúns dos usuarios.

Esta situación está sendo denunciada polos traballadores coa colocación de cartaces no propio centro, así mesmo, o voceiro municipal do BNG e deputado Manuel Lourenzo anunciou que ademáis de levar dita problemática aos organismos municipais, el mesmo presentará unha iniciativa parlamentar para esixir que remate o recorte da sanidade pública de Soutomaior: “Esixirémoslle ao Partido Popular que cese con este maltrato á sanidade pública, aos seus traballadores e traballadoras e á veciñanza do noso concello e o faremos no concello, no parlamento e alá onde faga falla”

Soutomaior queda, máis unha vez, co persoal sanitario baixo mínimos