Soutomaior presenta "Fedellando", o seu programa de actividades artísticas e artesanais

Rosana Martínez Boullosa e Charo Bouzón presentando Fedellando
Rosana Martínez Boullosa e Charo Bouzón presentando Fedellando
Soutomaior presenta "Fedellando", o seu programa de actividades artísticas e artesanais

Soutomaior, 26 de novembro de 2025. A concelleiras de Igualdade e Benestar Social, Rosana Martínez, e de Asociacións, Charo Bouzón, veñen de presentar “Fedellando, actividades artísticas e artesanais”, un programa que ten como obxectivo promover o benestar e a calidade de vida, reducindo o estrés, a ansiedade e a depresión, mellorando a autoestima e a concentración, e desenvolvendo as habilidades cognitivas, emocionais e motrices mediante o traballo manual en saúde mental. Tal e como dixo a concelleira de Igualdade “a actividade manual permite desconectar das preocupacións, desenvolver a creatividade e fomenta a interacción social, actuando como terapia ocupacional beneficiosa para persoas de todas as idades”. 

O programa comezará no vindeiro mes de decembro co obradoiro de “empaquetado de agasallos”, en xaneiro tocarálle o turno a “decora a túa cerámica”, en febreiro “cartonaxe”, en marzo “parche da memoria”, en abril “encuadernación”, en maio “cosmética natural”, en xuño “limpeza ecolóxica”, en setembro “elaboración de conservas”, en outubro “decoupage” e en novembro pechará esta primeira edición de Fedellando co obradoiro “deixa a túa pegada”. 

Todas estes obradoiros serán de balde, ata completar o aforo xa que contará con prazas limitadas, a inscricións será en liña inscrición previa que se abrirá a comezos de cada mes en https://soutomaior.gal/actividades/

Tal e como indicaron dende o CIM de Soutomaior os beneficios do traballo manual para a saúde mental son moitos entre os que se atopan: reducir o estrés e a ansiedade, mellora da concentración e da memoria, fomentar a creatividade e do inxeño, aumento da autoestima, desenvolvemento de habilidades motrices e cognitivas, o fomento da interacción social, e a xestión do tempo libre. 

O primeiro destes obradoiros será o de empaquetado de agasallos, terá lugar o 18 de decembro e as inscricións estarán abertas do 2 de decembro ás 9:30h ata o 9 de decembro ás 14:30h.  

Soutomaior presenta "Fedellando", o seu programa de actividades artísticas e artesanais