CAMPAÑA CENTRADA NA VIOLENCIA EXERCIDA ÁS MULLERES MAIORES DE 65 ANOS

Soutomaior presenta a campaña do 25N baixo o lema 'Non nos deamos por feito'

presentación da campaña do 25N en Alxán
presentación da campaña do 25N en Alxán
Soutomaior presenta a campaña do 25N baixo o lema 'Non nos deamos por feito'

Soutomaior, 13 de novembro de 2024. A concelleira de Igualdade, Rosana Martínez Boullosa, a directora do CIM de Soutomaior, Cristina García e a técnica de Igualdade do concello, Margarita Taboada  presentaron na pasada noite a campaña que para este 25 N lanzan dende o concello de Soutomaior. 

‘Non nos deamos por feito’ é o lema da campaña Municipal do concello de Soutomaior no 25N para este ano, centrado na violencia exercidas ás mulleres maiores de 65 anos. Unha campaña que se presentou na Escola – Obradoiro Luís Seoane de Alxán. 

Tal e como informan dende o CIM as mulleres maiores de 65 anos denuncian e utilizan os servizos de axuda moito menos co resto da cidadanía, debido a unha serie de motivos como a longa duración da violencia, o illamento, o medo, as crenzas, a dependencia económica, e a longa duración de convivencia co agresor.

Desde o CIM, van a presentar esta campaña nas seguintes asociacións de mulleres do Concello de Soutomaior tales como son: Alxan, Pozovello, Moreira, Romariz, Oito de Decembro, Mulleres rurais Anduriña e o centro da terceira idade do Concello.

cartaz e programación do 25N_Soutomaior
cartaz e programación do 25N_Soutomaior

Tal e como dixo a concelleira de Igualdade “dende o concello queremos dar voz e escoitar as demandas destas mulleres, e promover espazos de seguridade para dar respostas as súas necesidades ,visibilizar saídas e desfacer obstáculos sociais como a vergoña social”. 

Ademais de presentar esta campaña e achegar información a estas asociacións dende o concello tamén convidan a todo o mundo a asistir á concentración en repulsa ás violencias machistas e posterior lectura do manifesto institucional por parte do concello de Soutomaior o domingo 24 de novembro ás 12.30 h. na avenida de Talo Río. 

Soutomaior presenta a campaña do 25N baixo o lema 'Non nos deamos por feito'