Soutomaior presenta o 8M cunha programación centrada no mar

Marga Taboada e Rosana Martínez Boullosa
Marga Taboada e Rosana Martínez Boullosa
Soutomaior presenta o 8M cunha programación centrada no mar

Soutomaior, 27 de febreiro de 2026. A concelleira de Igualdade e Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa, e a Técnica de Igualdade, Marga Taboada presentaron hoxe a programación do 8M para este 2026. 

CARTAZ 8M 2026
CARTAZ 8M 2026

Baixo o lema Herdeiras do sal, este ano a campaña municipal centra o seu foco na  visibilización e recoñecemento da figura das mulleres no mar. 

Dentro da programación para este 8M está o acto central, será o sábado 7 de marzo, onde se fará entrega do recoñecemento a “María a das mil Flores” a Estrella Cotegoso, a primeira muller mariñeira da Confraría de Arcade. Un premio que, lembramos, foi acordado coa maioría de votos no Consello feminista municipal. Nesta xornada, do 7 de marzo, tamén se poderá ver o documental onde se nos conta a vida e a súa relación co mar de Estrella Cortegoso. E, para rematar a xornada, a actuación musical do Orfeón do berbés. Un acto que comezará ás 20:30h. no Multiúsos de Arcade e cuxa entrada será de balde ata completar o aforo. 

Unha programación que tamén inclúe un obradoiro, de balde, de Artesanía con redes de mar que se realizará o 9 de marzo en horario de 16:30 a 20:30h no Multiúsos de Arcade. Unha cita impartida por Redeiras Artesás. A inscrición para esta cita abrirá mañá en https://soutomaior.gal/actividades/

Dende o concello animan á veciñanza a participar e formar parte destas citas englobadas dentro da celebración do 8M de Soutomaior. 

Soutomaior presenta o 8M cunha programación centrada no mar