Soutomaior inicia a primeira fase para dotar ao barrio de Cortellas de saneamento

Manu Lourenzo e Pablo Garrido no barrio de Cortellas
Manu Lourenzo e Pablo Garrido no barrio de Cortellas
Soutomaior inicia a primeira fase para dotar ao barrio de Cortellas de saneamento

Soutomaior, 7 de outubro de 2025. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, ae Pablo Garrido, concelleiro de Vías e Obras estiveron esta mañá en Cortellas no lugar onde vai a ter lugar esta primeira fase de saneamento. O Concello de Soutomaior destina máis de 47 500 euros a esta demanda histórica. Nos vindeiros días darase o primeiro paso para que a veciñanza de Cortellas poida estar conectada á rede de sumidoiros. 

Nesta primeira fase actuarase na zona das Carballas e ten como finalidade que a futura rede de saneamento poida conectarse no sistema xeral a través das actuacións que se van a realizar nesta zona. 

Unha vez realizada a primeira fase, o Goberno Local iniciará a segunda fase para dotar de saneamento a este barrio. Dende o Goberno Local informan de que hai na actualidade un proxecto de 150 mil euros que permitirá unha conexión a un importante número de vivendas no barrio. 

O alcalde, Manu Lourenzo, dixo nesta xornada que “dotar de saneamento o barrio de Cortellas é dunha demanda histórica, con esta actuación dase un primeiro paso para o que non hai volta atrás. Inexplicablemente, nas Carballas, non se deixou a conexión preparada por iso no Goberno Local tivemos que facer esta primeira fase para dotar as obras de saneamento no barrio, estamos a falar dun compromiso do Goberno Local que, con esta primeira actuación, inicia a posta en marcha e, a continuación, coa segunda fase ao longo do vindeiro ano”. 

Os traballos foron adxudicados á empresa Contrucciones Vale S.L e teñen un prazo de execución de dous meses. 

 

Soutomaior inicia a primeira fase para dotar ao barrio de Cortellas de saneamento