Soutomaior homenaxeará a Castelao cun mural para conmemorar os 75 anos do seu pasamento

mural _ soutomaior
mural _ soutomaior
Soutomaior homenaxeará a Castelao cun mural para conmemorar os 75 anos do seu pasamento

Soutomaior, 19 de setembro de 2025. O mural, que se realizará mañá sábado 20 de setembro, representará o escudo da serea deseñado por Castelao sobre un fondo marítimo. O lugar escollido para a súa realización é na ponte que dá acceso ao Peirao de Arcade, na cara contigua ao Multiúsos. 

O mural é unha obra da muralista Elvira Sánchez. Un mural que ten moito significado para Soutomaior, xa que xa como lembrou o alcalde, Manu Lourenzo,   “levamos adiante esta iniciativa sendo conscientes que Soutomaior foi o 2º concello do mundo, despois de Montevideo, en ter unha rúa co nome de Castelao, e todas as nosas rúas do concello están identificadas coa tipografía de Castelao, por este motivo, Soutomaior non podemos deixar que unha efeméride como o pasamento de  Castelao teña un espazo de homenaxe no concello”. 

O material que se empregará na realización do mural será: pintura acrílica, pinceis e rodillos, escada pequena.

O deseño do mural consistirá nun fondo mariño, co escudo da serea e un a lenda: “Nom lhe ponhades chatas á obra enquanto nom se rematar. Quem pense que vaia mal. O que pense que vaia mal que trabalhe nela. Há sítio para todas.”

Soutomaior homenaxeará a Castelao cun mural para conmemorar os 75 anos do seu pasamento