Soutomaior fai pobo coa súa I Semana Grande
6 días de festa na celebración da I Semana Grande de Soutomaior que deron o seu pistoletazo de saída o 2 de agosto co “chupinazo” e que remataron coa Romaría de San Caetán, na ermida que leva este mesmo nome situada no Castelo de Soutomaior.
Foron 6 días onde se lle rendeu tributo á música, a gastronomía local, ao comercio pero, sobre todo, onde o principal obxectivo, tal e como dixo o alcalde , Manu Lourenzo, está cumprido que é o de “facer pobo, facer veciñanza e conseguir que as veciñas e veciños de Soutomaior se sintan, se cabe, máis orgullosos dos seu concello”.
Co resultado destas festas Manu Lourenzo xa anuncia “teño claro que estas festas chegaron para quedarse para sempre, dende o Goberno Local xa estamos traballando na programación do ano que ben tomando nota dos erros e tamén dos acertos desta edición e escoitando a mensaxe que nos traslada a veciñanza, que na súa maior parte son mostras de agradecemento por recuperar unhas festas de unión e de celebración dun pobo”. Ao que Lourenzo engade que “creo que con esta primeira celebración estamos cumprindo un dos obxectivos que é que a primeira semana de agosto se recoñeza no calendario como a semana das Festas de Soutomaior”.
Para rematar Manu Lourenzo lembrou que con este éxtio de participación e implicación da veciñanza, “estamos ante un momento importante para Soutomaior, o que fixemos do 2 ao 7 de agosto marcará dende este ano a celebración da semana grande para xeracións, os nosos fillos e netos xa senten que o que xa fixemos é unha grande festa que vai a permanecer no tempo”.