NOVA LICITACIÓN DO SAF
Soutomaior atenderá a todas as persoas dependentes en graos 2 e 3
Soutomaior, 26 de maio de 2026.O alcalde, Manu Lourenzo, e a concelleira de Benestar e Sevizos Sociais, Rosana Martínez Boullosa, deron a coñecer a nova licitación do Servizo de Axuda no Fogar. Dende que o BNG asumíu o goberno xa incrementaron un 20% as horas de atención ás familias en dous anos, e co novo contrato haberá un antes e un despois neste servizo.
O Concello de Soutomaior continúa traballando para mellorar a calidade de vida das persoas maiores e daquelas que precisan apoio no seu día a día. Este servizo ofrece atención personalizada, acompañamento e apoio nas tarefas básicas, favorecendo a autonomía persoal e o benestar no propio domicilio.
A nova licitación contempla un incremento de máis de 12 mil horas para atender ás persoas maiores necesitadas. E pasarase de 18.100 horas existentes ás 30.050 no novo contrato. O que supón un incremento porcentual do 66.02% con este novo contrato.
Trátase dun esforzo importantísimo para o concello de Soutomaior. Cando o BNG accedeu á alcaldía adicábanse á atención de maiores dependentes un total de 401.000 euros, co novo contrato adicaranse máis de 745.000.
Neste sentido o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “a atención das nosas persoas maiores é unha obriga moral para o noso goberno”, a pesar de que estamos a falar dunha competencia impropia, xa que debera corresponder á Xunta. o BNG ten claro que imos a actuar con responsabilidade e defender a atención das nosas persoas maiores, e “con este novo contrato todas as persoas maiores en situación de dependencia 2 e 3 poderán contar co servizo de Axuda no Fogar eliminando unhas listas de espera que supuñan situacións dramáticas para moitas familias”.
O alcalde tamén quixo agradecer o traballo do persoal técnico e funcionarios para sacar adiante esta licitación e tal e como dixo hoxe “ se este servizo de atención aos nosos maiores é posible é porque en Soutomaior contamos cunha situación económica positiva e saneada que nos permite investir o diñeiro público alá onde fai máis falta”. Manu Lourenzo tamén quixo agradecer o traballo da concelleira de Servizos Sociais, Rosana Martínez Boullosa, porque detrás desta licitación hai semanas de traballo, e o que é máis importante, unha sensibilidade coma ninguén para a atención e o coidado dos nosos maiores”.
Para máis información sobre Servizo de Axuda no Fogar, as persoas interesadas poden contactar cos servizos sociais municipais no Centro de Benestar Integrado (Multiúsos) en horario de 9:00 a 14:00h. ou a través do teléfono 986 705 106.