Soutomaior aproba en pleno a ordenanza que concede as axudas de emerxencia social

Pleno 28 de novembro
Pleno 28 de novembro
Soutomaior aproba en pleno a ordenanza que concede as axudas de emerxencia social

Soutomaior, 28 de novembro de 2025. O concello de Soutomaior vén de aprobar no seu pleno ordinario a ordenanza que concede as axudas de emerxencia social. 

Un documento, que tal e como dixo o alcalde, Manu Lourenzo, consegue dar garantías ás persoas que máis o precisan, “con esta ordenanza as veciñas e veciños de Soutomaior que estean en situación de emerxencia poderán acceder a estas axudas con garantía, discreción e amparo xurídico”. 

Unha ordenanza que contou cun mes de exposición pública e ante a que non houbo ningunha alegación. O Goberno Local aprobou no pleno extraordinario do 21 de novembro, as súas contas para o vindeiro 2026, neses orzamentos as axudas de emerxencia social contan con más de 26 mil euros de investimento. 

O alcalde dixo que “dende Soutomaior queremos que as nosas veciñas e veciños que máis o precisen teñan do seu lado ao concello para resolver estas situacións de emerxencia, con esta ordenanza contaremos cunha maior axilidade, eficacia e operatividade á hora de atender á veciñanza que máis o precisa”. 

Soutomaior aproba en pleno a ordenanza que concede as axudas de emerxencia social