Soutomaior aproba o maior e máis participado orzamento da súa historia
O goberno de Soutomaior aprobou o seu Orzamento para oano que vén. Trátase dun orzamento histórico, que por primeira vez na historia supera os 5 millóns de euros e que, ao aprobalos no ano en curso, permitirá ao goberno de Soutomaior contar con capacidade económica de gasto desde o comezo de 2024, algo que non pasara en ningún dos anos anteriores
O Orzamento24’ de Soutomaior contempla case 400.000 euros de fondos propios para investimentos, un 24% máis que o previsto no orzamento de 2023. Se a estes case 400.000 euros de fondos propios se lles suman as transferencias que cheguen doutras administracións, en 2024 Soutomaior contará con preto dun millón de euros destinados aos investimentos. Entre os proxectos previstos polo goberno de Soutomaior salienta o saneamento e actuacións urbanísticas no ámbito rural e urbano.
No que ten que ver cos Servizos Sociais, o orzamento tamén recolle un aumento de ata 2.000 horas no Servizo de Atención ao Fogar (SAF). Contempla unha suba salarial moi importante para todo o cadro de persoal municipal, cun incremento que ronda os 150 euros mensuais. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “é un orzamento serio para un proxecto ambicioso. Un proxecto que ten en conta a toda a veciñanza e que non deixa a ninguén atrás”.
Manu Lourenzo: “estamos un orzamento histórico. Un orzamento transformador, de progreso, eficiente e participativo. Un exemplo de boa xestión do diñeiro dos nosos veciños e veciñas, que vai permitir unha importante transformación de Soutomaior que beneficie a toda a veciñanza"
Por outra parte, o Orzamento24’ conxela as actuais taxas e impostos municipais á veciñanza, ao tempo que aposta pola contención e eliminación de gastos superfluos ou innecesarios. Esta reorganización do gasto é a que permite aumentar un 30% as partidas de sanidade, cultura, educación e deporte; un 14% nos servizos públicos básicos; e un 12% nas actuacións de carácter económico e infraestruturas. Así, o Orzamento24’ contempla importantes subas en todas as áreas de gasto excepto na relacionada cos gastos de goberno, que diminúe.
De cara á elaboración do Orzamento24’, o goberno de Soutomaior leva meses a manter reunións coa veciñanza e co tecido social do concello, co obxectivo de trasladar e consensuar as actuacións que o goberno de Soutomaior vai levar a cabo.
O alcalde Manu Lourenzo sinalou que “estamos un orzamento histórico. Un orzamento transformador, de progreso, eficiente e participativo. Un exemplo de boa xestión do diñeiro dos nosos veciños e veciñas, que vai permitir unha importante transformación de Soutomaior que beneficie a toda a veciñanza. Se este orzamento é posible é grazas a un goberno unido que confía no futuro de Soutomaior e que lle quere ao noso concello”.