Os soportais da rúa Princesa súmanse ao alumeado artístico do centro histórico

Iluminación soportais
Iluminación soportais
Os soportais da rúa Princesa súmanse ao alumeado artístico do centro histórico

Pontevedra, 15 de xullo de 2026. O departamento de Servizos Urbanos Básicos que xestiona Xaquín Moreda iniciou hoxe os traballos de mantemento e ampliación do alumeado artístico en diversos puntos do centro histórico. A intervención contempla a limpeza integral dos proxectores situados na rúa Soportais e unha nova instalación nos soportais da rúa Princesa, así como a colocación de novos focos de luz nos arcos do Museo de Pontevedra e no arco da praza da Pedreira. Con esta medida preténdese mellorar a iluminación monumental, reforzar a seguridade peonil e potenciar o atractivo dos elementos arquitectónicos da zona monumental.

O edil responsable da área, Xaquín Moreda, explicou que estes traballos van máis alá das tarefas habituais e realízanse de xeito independente, á marxe do contrato de conservación ordinario do municipio. "A nova tecnoloxía LED permítenos completar a iluminación monumental que fora creada no seu momento pero que daba fallos polas humidades e a condensación", apontou Moreda, quen salientou que os novos equipos garanten o funcionamento con total resistencia ante as inclemencias meteorolóxicas.

Esta nova intervención súmase ás actuacións de mantemento levadas a cabo ao longo do ano para poñer en valor o patrimonio urbano e mellorar a imaxe dos espazos públicos. Recentemente finalizouse a modernización completa do alumeado na contorna do Campiño de Santa María, da praza da Peregrina, dos bancos da avenida de Santa María, a renovación de focos na rúa Don Gonzalo, na praza de Méndez Núñez, e á instalación de oito proxectores LED na fachada de Santa Clara.

Os soportais da rúa Princesa súmanse ao alumeado artístico do centro histórico