Seis empresas optan á renaturalización do Gafos

Presentación da licitación do proxecto de renaturalización dos Gafos
Presentación da licitación do proxecto de renaturalización dos Gafos
Seis empresas optan á renaturalización do Gafos

Pontevedra, 9 de outubro de 2025. O alcalde tamén informou de que se presentaron seis ofertas para o proxecto de renaturalización do Río dos Gafos: Civis Global, San José, Ferrovial, Oreco - Balgón, e Vilor Infraestruturas SL, ademais da UTE formada por Casas e Covsa. 

Lores mostrouse moi ilusionado con este proxecto, xa que "a recuperación do bosque de ribeira autóctono transformará o espazo público de Campolongo", mantendo e ampliando os usos actuais: áreas infantís renovadas, prazas estanciáis e paseos peonís que reconectan a cidade co mar.

Un impulso colectivo para devolverlle ao Gafos a súa paisaxe natural perdida, o valor da auga e o patrimonio cultural.

O proxecto, que conta cun orzamento de 4,6 millóns de euros, supón, en palabras do alcalde de Pontevedra un "paso definitivo" para reverter un "atentado ecolóxico" que se arrastra desde os anos 70, cando se cubriu o río Gafos ao seu paso por este céntrico barrio. Esta obra suporá unha mellora substancial para o barrio de Campolongo a través da plantación de novas árbores e a renaturalización do río. 

Trátase dun proxecto sen precedentes en todo o Estado español, segundo as informacións remitidas pola Fundación de Biodiversidade. 

Seis empresas optan á renaturalización do Gafos