PASEO DE ODRIOZOLA. 19.30 H.
O sábado 24 de setembro Pontevedra acollerá a oitava edición de "Saltar na rúa"
Pontevedra, 22 de agosto de 2024. O vindeiro sábado, 24 de agosto, a partir das 19.30 horas, no paseo de Odriozola terá lugar unha exhibición de salto de lonxitude, triple salto e salto con pértiga, coa oitava edición de “Saltar na Rúa”, organizado pola Sociedade Ximnástica co apoio do Concello de Pontevedra.
A tenente de alcalde, Eva Vilaverde, lembra importancia de levar o deporte até a rúa e darlle protagonismo a todas as disciplinas do atletismo, sinalando “hai moitas máis cousas que correr, sexa velocidade ou fondo”.
“Trátase dun espectáculo moi fermoso, xa que é moi estraño poder velo fóra dun estadio. Sorprende o ben que se integra na nosa cidade”, sinalou a edil. “Temos que agradecerlle a Sociedade Ximnástica o seu traballo e a posta en valor do salto, ofrecendo un evento que sempre conta con moito interese, máis aínda ao virmos duns Xogos Olímpicos”.
Pola súa banda, en representación da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, Santi Ferrer indicou que a oitava edición de ‘Saltar na rúa’ é “algo especial, partindo da confianza posta polo Concello no equipo para sacala adiante e levala a cabo”. “Deixamos todas as forzas e ilusións en este tipo de actividades”.
O obxectivo de ‘Saltar na rúa’ non é outro que visibilizar estas tres modalidades deportivas, así coma o atletismo en xeral, amosando o espectacular que é do xeito máis próximo posíbel. Ao igual que en anteriores edicións, a cita contará con especialistas recoñecidos, tanto referentes do país, coma de Portugal. Por vez primeira, as portas desta exhibición abriranse ao talento de Euskal Herría e Catalunya.