A rúa Forneira será a primeira transformación urbana do Peirao de Arcade

Manu Lourenzo na Rúa Forneira
Manu Lourenzo na Rúa Forneira
A rúa Forneira será a primeira transformación urbana do Peirao de Arcade

Soutomaior, 28 de abril de 2026. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, deu a coñecer esta mañá a “humanización da rúa Forneira”, un proxecto orzamentado en 560.000 euros, pensado para os peóns, un modelo urbano verde, accesible e que mellorará a calidade de veciñas e veciños e do comercio local coa posta en valor das propiedades, e que contempla, ademais, unha área de aparcamento na zona. 

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, dixo que “estamos ante un proxecto transformador dun núcleo urbano de referencia que na actualidade presenta un importante estado de deterioro. Apostamos por un espazo amable, sostible , pensado para as persoas, respectuoso co medio ambiente e que mellore a calidade de vida da veciñanza”

Trátase da creación dunha gran zona de coexistencia na Rúa da Forneira, con plataforma única con preferencia peonileliminándose os espazos sobrantes, suprímíndose as barreiras arquitectónicas e garantíndose completamente a accesibilidade universal. 

A rúa Forneira será a primeira transformación urbana do Peirao de Arcade