Rematada a urbanización dos accesos ao campo de fútbol de Salcedo

Anabel Gulías
Anabel Gulías
Rematada a urbanización dos accesos ao campo de fútbol de Salcedo

Pontevedra, 24 de setembro de 2025. O Concello de Pontevedra vén de recibir as obras da urbanización do campo de fútbol de Salcedo que se estiveron executando durante o verán., cun custe de 188.752,40 euros.

A obra consistiu na creación dunha nova praza de acceso ao campo de tal modo que o pavimento interior estendeuse até o exterior creando un espazo peonil que mellora a accesibilidade tanto á bancada como a outras áreas de uso público.

A iluminación exterior, que tamén estaba incluída neste proxecto, busca enmarcar as edificacións e os límites da zona urbanizada. Tamén se completaron as dotacións do campo como a instalación dunha malla para balóns ou a canalización das augas pluviais de toda a parcela e do novo espazo público.

Se ben o paso definitivo para o campo de fútbol de Salcedo deuse o pasado mes de maio co remate da obra -a concelleira de Deportes Anabel Gulías recordaba naquel momento que a obra tivo moitas complicacións técnicas ao longo do seu desenvolvemento-, o remate da urbanización permite ir completando esta dotación deportiva de primeiro nivel que rematará, finalmente, coa mellora do víal de acceso ao campo e a esta zona da parroquia, un proxecto que está en tramitación.

Rematada a urbanización dos accesos ao campo de fútbol de Salcedo