A rapazada do programa Memoria de Elefanta grava a canción e o videoclip “Mulleres con memoria”

A rapazada do programa Memoria de Elefanta grava a canción e o videoclip “Mulleres con memoria”

Pontevedra, 11 de novembro de 2024. Un ano máis a rapazada involucrada no proxecto Memoria de Elefanta, da Concellaría de Memoria Histórica, finalizará un percorrido de varios meses de actividades coa creación conxunta dunha canción e un videoclip que homenaxea a figura das mulleres represaliadas baixo o título “Mulleres con memoria”.

O Estudo Bonobo, encargado tamén da formación musical impartida previamente, acolleu a gravación da canción e a peza audiovisual que acompaña. Así como da letra, a rapazada é a responsable da música e as voces que cantan “Que ninguén esqueza aquelas silenciadas, que loitaron por ser escoitadas e nunca máis ser humilladas”.

Esta actividade supón a actividade final a seis meses nos que mozos e mozas participaron en diferentes actividades como faladoiros, cinefórum, obradoiros e roteiros cun denominador común: a recuperación da Memoria Histórica e, nomeadamente, a memoria das mulleres.

Ese é o principal obxectivo do proxecto Memoria de Elefanta, que busca incorporar ao público novo e aos novos públicos ao movemento memorialístico, nun momento no que lembrar o acontecido no pasado se torna máis necesario ca nunca. Desde a rigorosidade, o respecto e a sensibilidade este programa ofrece claves, ferramentas e materias que acheguen novas formas de abordar un tema tan complexo como necesario, buscando novas canles, novas linguaxes e soportes para facer chegar a mensaxe.

A rapazada do programa Memoria de Elefanta grava a canción e o videoclip “Mulleres con memoria”