O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas do río Verdugo ao seu paso por Ponte Caldelas
Ponte Caldelas, 30 de xaneiro de 2025. “O Rio Verdugo constituese como a columna vertebral do territorio e da identidade do noso Concello. Un Rio marabilloso mais inmoderado, con enchentes anuais”, en palabras da portavoz nacionalista Sol Seoane.
As enchentas son inevitables, por naturais. “Temos que defendernos das súas enchentes porque estas van, sin lugar a dúbidas, a máis, neste contexto de cambio climático. As mesmas razóns que provocaron a DANA de Valencia actúan tamén aquí con outras características. Segundo os modelos científicos, os episodios extremos, van ir a máis”.
Para a portavoz nacionalista, “hai que ter claro uns cantos aspectos para defender o rio. Isto significa moitas cousas, unha das mais importantes sería evitar a súa contaminación eliminando o principal foco que son os microplásticos do campo de futbol da Chan da Barcia. Alén de polémicas sobre os verquidos feitos podemos asegurar que cantidades significativas deste potente contaminante foron deitados ao Río nas últimas enchentas. Hai que saber que os permisos e as declaracións responsables asinadas polo Alcalde foron papel mollado en menos dun ano. Ter a catalogación de " zona non inundable " en Augas de Galiza non pode ser aproveitado para facer unha temeridade como a que se fixo vostede, aproveitando un erro burocrático para volver a dotar o campo de futbol cós mesmos compoñentes contaminantes que o anterior”, afirmou Sol Seoane.
Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnicas deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar a represa de Parada e mellorar o bosque de ribeira
A xestión da contorna do Rio ten que mudar. A vexetación de ribeira non é o inimigo , antes ben, axuda a baixar a velocidade da auga e retén as ribeiras evitando a erosión.
Os obstáculos inútilizados como a antiga levada de Parada, hoxe sen uso dende fai décadas, hai que retiralos.
A portavoz nacionalista fixo fincapé “nos estudios previos e simulacións por ordenador elaborados por técnicos e presentados recentemente na casa da cultura, que indican que a eliminación dese obstáculo pode permitir que flua mellor a auga no seu cauce baixando a cota de inundación na zona da biblioteca e do paseo e que non suba o nivel da zona inundable protexendo así as dúas marxes do río”.
O BNG apelou ao goberno municipal a “xestionar o rio coas premisas científicas e técnicas deste século”, e nesta sentido a moción, rexeitada polo alcalde e o seu grupo, contiña tres puntos:
- instar ao goberno municipal a facer un estudo técnico serio que nos informe sobre as cotas exactas de baixada de nivel a consecuencia da eliminación da represa de Parada, que fai de obstáculo claro para o transcurso do caudal da auga do río.
- Obter os permisos de Augas de Galiza e proceder á eliminación da presa de Parada.
- Evitar as podas e cortas agresivas aplicadas nas últimas intervencións levadas a cabo, aplicando medidas de mantemento e mellora do bosque de ribeira que axudan a manter un río vivo e reteñen as correntes de auga.