20 DE MAIO. MULTIÚSOS DE ARCADE

O proxecto RURALMENTE de Galiza Suroeste aterra en Soutomaior

accion galicia suroesre en soutomaior
accion galicia suroesre en soutomaior
O proxecto RURALMENTE de Galiza Suroeste aterra en Soutomaior

Soutomaior, 13 de maio de 2026.- Xa están abertas as inscricións para participar nas xornadas formativas do Proxecto Ruralmente, liderado por Galiza Suroeste en colaboración co GDR Límia – Arnoia e a Asociación para el Desarrollo Integral del Valle del Ambroz en Extremadura.

O proxecto, que ten por finalidade poñer en valor produtos agroalimentarios únicos e de gran calidade dos territorios socios, chega ao seu fin coa realización de tres actividades formativas no territorio de Galiza Suroeste.

Este propio mes de maio, serán realizadas as charlas formativas, que serán impartidas nos concellos de Pazos de Borbén, Soutomaior e Tui. A participación será gratuíta e poderán participar todas aquelas persoas que realicen a inscrición previa na web galiciasuroeste.gal  ata completar as prazas existentes.

Ruralmente, Galiza Suroeste_Soutomaior
Ruralmente, Galiza Suroeste_Soutomaior

A cita de Soutomaior será o mércores 20 de maio no Centro Multiúsos de Arcade. A temática desta xornada centrarase na creación de experiencias turísticas vencelladas a produtos agroalimentarios de calidade. Contará coa participación de 3 empresas de referencia en Galicia, tanto pola calidade dos seus produtos agrarios, como polas experiencias turísticas xeradas sobre as súas producións. Contará cunha sesión práctica, que levará ás persoas asistentes a desfrutar dunha experiencia enoturística no propio concello de Soutomaior. Estarán en Arcade representantes das mellores empresas galegas do sector: a granxa Casa Grande de Xanceda, a queixería Airas Moniz e os restaurantes ecolóxicos Fogar do Santiso. E falarase do club de produto que se está a poñer en marcha no Xeodestino para seguir traballando neste sentido. Todo, nunha sesión que será inaugurada polo alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo. Pola tarde realizarase unha visita e expericiencia enoturística as Adegas Noelia Bebelia con Simón Barcia. 

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo ata o 19 de maio en https://galiciasuroeste.gal/proxectos/ruralmente 

O proxecto RURALMENTE de Galiza Suroeste aterra en Soutomaior