O PP sube unilateralmente un 78% a taxa do lixo para as vivendas de Cerdedo-Cotobade

Ernesto Filgueira
Ernesto Filgueira
O PP sube unilateralmente un 78% a taxa do lixo para as vivendas de Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade, 6 de novembro de 2024. O BNG votou en contra da desproporcionada suba das taxas municipais no que ten que ver co tratamento dos residuos no pleno municipal celebrado no día de hoxe, xa que suporá un incremento do 78% das taxas que se pagan actualmente, pasando dos 49 aos 80 euros anuais.

O portavoz municipal do BNG, Ernesto Filgueira, lembrou que o imposto ao vertido e á incineración é unha obriga derivada da Lei estatal de residuos de 2022, que á súa vez trae causa da Directiva Europea de Residuos de 2018 que penaliza as solucións finalistas e menos sostíbeis -como polas que aposta a Xunta- e prima a reutilización e a reciclaxe. 

“En Cerdedo-Cotobade imos pagar máis porque a Xunta prima a incineración e o vertedoiro como sistema de tratamento dos residuos. É urxente, pois, un xiro de 180º, apostando pola compostaxe e a reciclaxe”. 

“Pídolle a Cubela que deixe de botar balóns fóra e aposte por un novo modelo de tratamento dos residuos, próximo e respetuoso co medio ambiente”, concluíu o Portavoz do BNG, Ernesto Cubela. 

O PP sube unilateralmente un 78% a taxa do lixo para as vivendas de Cerdedo-Cotobade