Pontevedra seguirá a cumprir o refraneiro de "dar de beber a quen pasa" coa instalación de tres novas fontes en puntos estratéxicos da cidade

Pontevedra seguirá a cumprir o refraneiro de "dar de beber a quen pasa" coa instalación de tres novas fontes en puntos estratéxicos da cidade

Pontevedra, 7 de xaneiro de 2025. Pontevedrá conta con tres novas fontes en distintos puntos da cidade. A empresa encargada da xestión do servizo de auga en Pontevedra, Viaqua, vén de rematar a instalación destes elementos, que quedan a disposición de visitantes e veciñanza. 

As fontes figuran como unha das melloras incluídas dentro do contrato polo que a empresa obtivo a adxudicación no seu día, polo que non deriva nun gasto extra para as arcas municipais. Tal e como sinala o edil responsábel do Ciclo da Auga, Xaquín Moreda, as novas fontes foron colocadas “en sitios estratéxicos” nas que poden ter un maior uso. 

A primeira delas está no paseo do Lérez, á altura da Ponte dos Tirantes, “onde unha enorme cantidade de persoas vai camiñar ou facer deporte”. Outro dos puntos é no Gorgullón, fronte a estación de tren, punto chave dentro do Camiño de Santiago. Por último, a terceira fonte sitúase na Praza de Galiza, nun dos laterais da gran marquesiña deste lugar. 

As novas fontes contan cun deseño contemporáneo, en aceiro inoxidábel e altamente accesíbeis, incluíndo persoas en cadeira de rodas. Tamén contan cun sistema para as mascotas. 

Pontevedra seguirá a cumprir o refraneiro de "dar de beber a quen pasa" coa instalación de tres novas fontes en puntos estratéxicos da cidade