PONTEVEDRA, VOLVE PRESIDIR A REDE DE CIDADES QUE CAMIÑAN
Pontevedra, protagonista en Madrid do curso de formación da FEMP
O modelo de cidade de Pontevedra foi obxecto de debate, reflexión e referencia en practicamente todas as ponencias da xornada de formación organizada pola FEMP co título "a redución da velocidade do vehículo privado nas cidades, obxectivo da mobilidades sostíbel e factor de convivencia cidadá"
Pontevedra converteuse na protagonista involuntaria do curso de formación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) “A redución da velocidade do vehículo privado nas cidades, obxectivo da mobilidade sostibel e factor de convivencia cidadá”, incluído dentro do programa de formación contínua da FEMP.
O modelo de cidade foi obxecto de debate, reflexión e referencia en practicamente todas as ponencias da xornada, até o punto de que tivo que ser o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores que participaba como observador no curso pola tarde, o que tivo que tomar a palabra para explicar a parte política do modelo de cidade ante o grande número de preguntas que suscitou a explicación de Daniel Macenlle, intendente principal da Policía Local e encargado de expoñer a realidade da cidade do Lérez.
Os custes económicos do modelo, as reticencias do comercio e dos residentes, os problemas de transporte público ou as queixas polos pasos elevados foron obxecto de controversia que o alcalde resumiu en que a cidade é dos cidadáns e non dos intereses privados da cidade materializados no vehículo privado. “E Pontevedra é a mostra de que funciona. Si, funciona”.
O representante do Comisariado europeo del automóbil, Eugenio de Dobrynine asegurou que “quixera vivir nunha cidade como Pontevedra, pero non todas as cidades son iguais” ou dende a asociación de viandantes “a pé”, Marcos Montes, asegurou que “Pontevedra é a mostra de que o espazo público é escaso e don é dos coches ”. Estas foron algunhas das referencias que se escoitaron no debate final do curso.
O debate foi posterior á intervención do intendente intendente principal da Policía Local que expuxo a experiencia de Pontevedra a través da conferencia “Peatóns, seguridade e mobilidade urbana. Cara unha inversión do esquema dominante. A pacificación do tráfico como fórmula para a prevención da lesividade”.
Expuxo que no casco urbano de Pontevedra conviven dúas velocidades 20 e 30km/h. Os 20 km/h están habilitados na zona monumental e nas rúas con plataforma única. O bando da Alcaldía de 1999 declarou o Centro histórico como zona de preferencia peonil, e os vehículos que teñan que circular por ela non deberán superar os 20 km/h.
O resto do casco urbano está declarado velocidade máxima 30km/h, que supón menos contaminación aérea, menos contaminación acústica e máis seguridade viaria xa que a 30km/h redúcense a 5% os accidentes.
Pontevedra aplicou un cambio nas prioridades das súas mobilidades poñendo a primeira a peonil, seguida das bicicletas, transporte público e tráfico motorizado privado. Para iso adoptáronse elementos que contribuíran a esa peonalización: ampliación de beirarrúas, mobiliario urbano, redución de carrís, iluminación, supresión de todos os semáforos no centro da cidade, fixando distintos tipas de vías: de coexistencia, humanizadas e con tráficos segregados.
Á par creouse unha cidade máis democrática coa accesibilidade universal en case todas as vías, grazas aos “lombos salva vidas”, tamén disuasorios da velocidade.
Pontevedra preside a Asemblea Xeral da Rede de Cidades que Camiñan
Pontevedra presíu a asemblea xeral ordinaria da Asociación "Rede de cidades que camiñan" na que se fixo balance e aprobación das contas do pasado ano e se aprobaron as vindeiras, así como aprobar diversos eventos e congresos da asociación.
Entre as accións realizadas pola rede durante o presente ano están promover a elaboración de metrominutos de concellos como Vitoria-Gasteiz, Carballo, Torres Vedras, Mahón, Villanueva de la Serena, Ciudad Real, Ponferrada, Arahal, e Torrelodones; ou a elaboración dun manual técnico en colaboración con Auguria Taller de Urbanismo no IV Congreso de Cidades que Camiñan, que será publicado pola Fundación Pons e enviado a todos os municipios que integran a rede.
Pablo Barco, coordinador da Rede de Cidades que Camiñan explicou que son moitos os concellos que queren formar parte da rede e a súa primeira petición é a creación de metrominutos, un traballo lento e detallista, que leva o seu tempo.
Tamén deron conta da Alianza Cidades 30Km/h que vai aumentando o número dos concellos adheridos (o último Puerto Real) á mesma realizándose novas invitacións de adhesión, ofrecendo recomendaciones técnicas e propoñendo a creación de áreas 30 e de prioridade peonil no conxunto dos municipios da rede.
Tamén se presentou o proxecto City4kids, é dicir, unha selección de boas prácticas que fomenten a participación dos menores no deseño das cidades que implica a convocatoria dun novo premio basado na entrega de insignias a aqueles menores que participan neste tipo de actividade. A colación saíu a proposta dos alumnos do colexio de Barcelos de ampliar o seu patio na praza.
Tamén se acordou que o V Congreso Cidades que Camiñan se celebrará no Concello de Irún, e amosaron interese de celebrar próximos congresos Córdoba e Arahal.
Ratifiouse, ademais, a xunta diretiva da asociación integrada por:
Presidencia Estado Español: Pontevedra
Presidencia Portugal: Torres Vedras
Vocais: Córdoba, Ponferrada, Puerto Real, Carballo, Mahón, Torrrelodones e Arahal
Finalmente o coordinador da Rede convidou aos membros integrantes a visitar Pontevedra "porque é unha grande influencia para motivar para facer cousas".
A asemblea xeral é a convocatoria previa á celebración do Congreso da Rede de Cidades que Camiñan, que terá lugar hoxe, venres 14, no Concello de Torrelodones e no que Pontevedra participará a través dunha conferencia que impartirá o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.