APRENDER A EDUCAR CON AMOR, RESPECTO, EMPATÍA E FIRMEZA

Pontevedra pon en marcha obradoiros de Disciplina Positiva para familias

Anabel Gulías
Anabel Gulías
Pontevedra pon en marcha obradoiros de Disciplina Positiva para familias

Pontevedra, 3 de novembro de 2025. O xogo como aprendizaxe, o apego seguro, os límites desde o respecto, a comunicación entre xeracións ou a profanación do vínculo familiar desde a confianza. Son temáticas e habilidades a desenvolver nos obradoiros de Disciplina Positiva que promove a Concellería de Benestar Social, da man de Semilla y Raíz DP, e que se desenvolverán neste mes de novembro. 

“Ademais de traballar coas familias (pais e nais), queremos ampliar a visión e xerar un diálogo inter-xeracional coas nosas salvadoras/es no coidado dos pequenos: os avós e as avoas” sinalou a concelleira de Benestar Social, Anabel Gulías na presentación da actividade. Ao seu carón, Berta Romero, de Semilla y Raíz, engadía “Non é un espazo onde lle vaiamos a dicir a ninguén como educar, senón que é un espazo para a reflexión. Que as avoas e avós poidan entender que a crianza compartida pode ser fonte de ledicia, e non só de tensión, por ter que coidar as netas e netos”. 

Haberá catro obradoiros e dúas modalidades. Dous deles vai dirixido a pais e nais (familias) con crianzas de 0 a 7 anos, e con cabida para educadores infantís e coidadores de nenos e nenas desta idade e levan por título: Crecendo con calma. Os outros dous, baixo o nome: Coidar e acompañar desde o corazón, vai dirixido a avoas/avós e persoas maiores que coidan e están presentes, de xeito cotián, na vida da cativa/o. A actividade é eminentemente práctica con intercambio de experiencias, discusións temáticas e dinámicas de grupo. 

Os talleres celebraranse no Pazo da Cultura de Pontevedra de acordo co seguinte calendario: 

Crecendo con calma: ferramentas de Disciplina Positiva para acompañar á infancia. Datas: sábados 8 e 15 de novembro. Horario: 9.30 a 13-30 horas 

Coidar e acompañar desde o corazón: Disciplina Positiva para avoas e avós. Datas: luns 10 e 17 de novembro. Horario: 10.00 a 13.00 horas. 

Malia ser de balde, os obradoiros precisan inscrición xa que as prazas son limitadas. Pode facerse a través do correo electrónico semillayraizdp@gmail.com ou o WhatsApp 623 992 002. 

Anabel Gulías subliñou que con esta oferta “queremos proporcionarlle a todas as persoas interesadas na disciplina positiva -como método pedagóxico ou como método para sobrevivir a maternidade e paternidade- ferramentas que lles poidan ser útiles na crianza”. 

“Os obradoiros non son unha obriga máis, senón unha ferramenta para traballar a comunicación dende o respecto e, sobre todo, para sentirnos mellores e máis seguras”, concluíu a concelleira de Benestar Social 

É un enfoque educativo e de empoderamento das familias, no que insiste Berta Romero ao dicir que “aprenderemos habilidades para a vida cotiá e habilidades socio-emocionais desde a amabilidade, porén con límites”. 

A disciplina positiva é un o modelo educativo popularizado na década dos anos 80 do século XX pola psicóloga e educadora estadounidense Jane Nelsen, baseado en principios e valores como o amor, o respecto, a comunicación, empatía e firmeza. 

Pontevedra pon en marcha obradoiros de Disciplina Positiva para familias