A Escola Feminista da Mocidade do Concello de Pontevedra achega 6 propostas para rapazada de 15 a 35 anos

Presentación da Escola Feminista da Mocidade
Presentación da Escola Feminista da Mocidade
A Escola Feminista da Mocidade do Concello de Pontevedra achega 6 propostas para rapazada de 15 a 35 anos

Pontevedra, 3 de novembro de 2025. Eva Vilaverde presentou unha nova edición da Escola Feminista da Mocidade que “comeza neste mes de novembro tan acaído, con todas as actividades do 25N contra a violencia machista, e dura ata maio de 2026. Unha escola que pretende a construción de espazos seguros, imprescindibles para poder traballar noutros conceptos como o autocoidado, autoestima, etc”. 

“É moi necesario traballar todos estes conceptos para dotar ás mulleres mozas de instrumentos e recursos que permitan xestionar as diferentes situacións da maneira máis favorable, dotándoas de instrumentos e recursos para identificar problemas, identificar violencias, xestionalas, desbotalas e eliminalas sempre que sexa posible. 

Á presentación do programa asistiron Maritza Berttolini (ilustradora e tecedora creadora da campaña da Escola Feminista deste ano), Vicky Estévez (promotora de igualdade e facilitadora do espazo Círculo de Empatía), Reina D ́ Hoore (docente do obradoiro de Arteterapia, autocoidado profundo e potencia creadora), Elisabet Hillerud (docente do obradoiro de Zentangle: empoderamento artístico a través da arte, a creatividade e a meditación) e Sensei Jatsume (docente de defensa persoal física e emocional e empoderamento). 

A técnica de Xuventude Mirian Viñas, apuntou que as inscricións xa están abertas en apuntate.pontevedra.gal e que “o número de prazas é diferente para cada actividade e, aínda que teñen prioridade as mulleres entre 15 e 35 anos, no caso de vacantes terán acceso persoas doutras idades, xa que tamén son moi interesantes os encontros interxeracionais que se producen nos cursos” 

As facilitadoras das actividades fixeron apuntamentos sobre a as propostas, variadas e ligadas a o autocoñecemento e autocoidado a través da arte, a natureza, a creatividade, as emocións ou o método Sakura da Sensei Jatsume. 

Pola súa banda, a deseñadora do cartaz, a artista e bordadora Maritza Berttolini quixo “poñer a Escola no centro como un espazo físico, a casiña, onde se desenvolven as actividades. Representa calor, empatía, fogar, coidado, seguridade,... todo o que adoitamos atopar nos espazos feministas. Ao redor medran as flores como símbolo de autocoidado e crecemento. As follas agochan pequenos debuxos que representan as actividades”. Berttolini tamén aproveitou para apuntar a importancia de empregar o bordado, asociado durante anos a algo doméstico, como un símbolo de resistencia nestes espazos feministas e empregalo para reivindicar. 

A Escola Feminista da Mocidade do Concello de Pontevedra achega 6 propostas para rapazada de 15 a 35 anos