Pontevedra mostra o seu apoio a Palestina despregando unha faixa na sede de Michelena 30
O Concello de Pontevedra despregou o mércores 11 de xuño unha faixa na sede administrativa de Michelena co lema “Pontevedra con Palestina”. No despregamento chamou a atención a ausencia de membros do PP, que foron convidados ao acto, xcomo o resto da corporación.
"Volvemos a alzar a voz por Palestina", afirmou a alcaldesa en funcións, Eva Vilaverde, que denunciou o xenocidio que Israel está a cometer en Gaza. "Un exterminio étnico planificado".
A vergoñenta actitude do PP
Eva Vilaverde lamentou a ausencia de membros do PP no despregue da faixa, unha ausencia que evidencia a complicidade deste partido coa limpeza étnica que está a levar o estado sionista en Palestina. "Creo que hai actitudes e silencios que falan máis que as palabras. É evidente que o PP non está do lado da xustiza e dos dereitos humanos”, afirmou Vilaverde.
A alcaldesa en funcións lembrou o apoio que o Concello de Pontevedra mantén desde hai anos co pobo palestino, e non descartou poñer en marcha novas iniciativas de apoio a Palestina e contra "o estado xenocida de Israel".
Concentración en apoio a Palestina
O Xoves 16 ás 20 h. na Praza da Peregrina, terá lugar unha nova concentración en apoio ao pobo palestino, coincidindo coa Marcha Internacional a Gaza, na que participa un continxente galego