Pontevedra investirá máis de 300.000 euros en levar unha liña de media tensión de reserva até Montecelo
A Xunta de Goberno local aprobou o expediente de contratación para a instalación do subministro da rede eléctrica do novo Hospital Montecelo. Trátase dunha licitación por valor de 317.817,74 e un prazo de execución de 6 meses.
Na actualidade existe unha acometida e grupos electróxenos para garantir o subministro en caso de emerxencia. Con esta nova contratación, o Concello reforza a acometida actual cunha nova liña de media tensión de reserva, ao contratar a obra civil para levar a liña eléctrica subterránea dende a subestación de Mourente até Montecelo.
A tenente de alcalde Eva Vilaverde explicou que “con este novo investimento, o Concello de Pontevedra garante e reforza que o suministro eléctrico chegue ao novo hospital de Montecelo”.