O PP NÉGASE A CONDENALO E DENUNCIA O ACORDO Á FISCALÍA

Pontevedra condea o xenocidio e veta calquer evento no que participe Israel, ou entidades que contribúan a promocionar ou branquear o xenocidio do pobo palestino

Pontevedra condea o xenocidio e veta calquer evento no que participe Israel, ou entidades que contribúan a promocionar ou branquear o xenocidio do pobo palestino

Pontevedra, 23 de setembro de 2025. O pleno do concello de Pontevedra acordou condear o xenocidio sobre o pobo palestino e vetar calquera evento no que participe o estado criminal de Israel, ou entidades que contribúan a promocionar ou branquear o xenocidio. Fíxoo, co voto en contra do PP, que marcou máis unha unha vez unha vergonzosa e patética postura prosionista.

Como dixo a nosa compañeira, a portavoz do grupo municipal do BNG, Eva Vilaverde, non se pode normalizar o xenocidio, e non pode haber “equidistancia entre apoiar un estado criminal e xenocida e condenar a masacre planificada de todo un pobo”.

Á vergonzante e insultante intervención no Pleno do portavoz do PP, Rafa Domínguez, amenazando á maioría da corporación e negándose a condenar o xenocidio, sumóuselles a delirante apelación á fiscalía para que denuncie, por “delito de odio” o acordo municipal, un acordo aprobado democráticamente pola corporación, e que di, textualmente,“non acoller en Pontevedra ningún evento de carácter deportivo, cultural ou de outra índole, no que participen entidades que representen ao estado de Israel ou sexan financiadas por el, así como aquelas que contribúan a promocionar e blanquear o xenocidio que está cometendo sobre o pobo palestino”.

Diante desta denuncia, Eva Vilaverde afirmou que o portavoz do PP está a actuar coas mesmas mañas de calquera sionista, igual que Trump. “Acúsanos dun delito de odio por defender ao pobo palestino e califícanos de xenófobos, racistas e nazis por querer parar esta barbarie. A súa deleznábel e vergoñenta intervención no pleno confirma que tanto el como o PP apoian a limpeza étnica e o xenocidio que está a acometer Israel en Palestina”.

Eva Vilaverde criticou que “o PP non necesitou dun xenocio para condenar a invasión de Rusia a Ucraína, nin falou de delitos de odio e violencia cando se expulsou a Rusia e Bielorrusia das competicións deportivas, mais agora, cun xenocídio retrasmitido en directo diante das nosas narices, é incapaz de acusar e de condear nin a Netanyahu nin ao Estado criminal de Israel”.

A respeito da denuncia do PP na Fiscalía, a portavoz do grupo municipal do BNG afirmou que, “ao goberno municipal o que menos nos produce é inquietude. Se alguén nos acusa dun delito de odio por defender ao pobo palestino, benvido sexa, e a moita honra”.

Eva Vilaverde reiterou e quixo deixou claro que a vontade do goberno municipal é non acoller no termo municipal de Pontevedra ningún evento no que participe o Estado criminal de Israel ou alguén que lles represente, que publicite ou blanquee a masacre.

Pontevedra condea o xenocidio e veta calquer evento no que participe Israel, ou entidades que contribúan a promocionar ou branquear o xenocidio do pobo palestino