Pontevedra capta o interese no IV Congreso Internacional de Paisaxe Urbana de Costa Rica a través da partipación cidadá

César Mosquera no congreso internacional de Paisaxe urbana de Costa Rica
César Mosquera no congreso internacional de Paisaxe urbana de Costa Rica
Pontevedra capta o interese no IV Congreso Internacional de Paisaxe Urbana de Costa Rica a través da partipación cidadá
Pontevedra, 10 de abril de 2025. O concelleiro de Infraestruturas e Mobilidade, César Mosquera na tarde do mércores, 9 de abril, a súa conferencia "Pontevedra: unha cidade pensada e deseñada para todas as persoas”, no marco do IV Congreso Internacional de Paisaxe Urbana, que se celebra na cidade de San José, en Costa Rica. 

O edil sinala desde o país de América Central que a acollida nesta terra foi "absolutamente espectacular", demostrada a través dunhas "deferencias moi elevadas, o que nos permitiu sobrelevar un jet lag produto desa diferencia de oito horas entre Costa Rica e Galiza". "O ICOUL é un congreso serio, cun público atentísimo e interesado, e logramos que a intervención sobre Pontevedra fose a máis aplaudida". 

Mosquera explicou que o contido do seu relatorio fixo fincapé no moito que lle custa á sociedade americana implicar á cidadanía co seu municipio ou coa súa cidade, chegando, tal e como lle recoñecían os asistentes e organizadores do congreso, a non saber quen é o seu alcalde, nin tan sequera preocuparlle este feito. Deste xeito, o edil pontevedrés tratou isto como "un fenómeno preocupante que non existe en Pontevedra, pois a cidade conta cunha elevada participación cidadá a todos os niveis". 

“Este contraste na implicación da xente, sexa de xeito crítico ou non, chamou a atención da comunidade americana presente, autoridades e profesionais, pois non adoita ver unha participación tan elevada por parte da veciñanza”, indicou.

Pontevedra capta o interese no IV Congreso Internacional de Paisaxe Urbana de Costa Rica a través da partipación cidadá