Pontevedra adxudica o contrato para implantar un sistema de información bidireccional entre comercios e concello para a xestión de residuos

Eva Vilaverde
Eva Vilaverde
Pontevedra adxudica o contrato para implantar un sistema de información bidireccional entre comercios e concello para a xestión de residuos

Pontevedra, 19 de xuño de 2025. Pontevedra vén de adxudicar a asistencia técnica para a implantación dun sistema de información bidireccional sobre a xestión de residuos comerciais de competencia municipal. 

“Trátase dun contrato importante e que vén a ser un paso máis en todo o que ten que ver coa mellora na recollida e xestión de residuos no Concello de Pontevedra”, explicou Eva Vilaverde. “Permitirá que tanto Concello coma produtores de residuos teñan toda a información posíbel e facer a xestión e a separación da mellor maneira”. 

Este contrato contaba cun prezo de licitación de 321.904,04 euros e a empresa SM Sistemas Medio Ambientales S.L. foi a escollida no concurso público cun prezo de adxudicación de 281.666,04 euros. Terá unha duración de tres anos (36 meses). 

“Seguimos camiñando firmes no cumprimento dos obxectivos medio ambientais desde Concello”, indicou Vilaverde, lembrando que este será un estudo pioneiro que permitirá coñecer cantos residuos xeran os negocios e os servizos da cidade e, especialmente, que tratamento lles dan; analizando casos concretos e de vital importancia como son os grandes produtores. 

Pontevedra adxudica o contrato para implantar un sistema de información bidireccional entre comercios e concello para a xestión de residuos