Pontevedra acenderá as luces do Nadal o 5 de decembro

Colocación luces de Nadal 2025
Colocación luces de Nadal 2025
Pontevedra acenderá as luces do Nadal o 5 de decembro

Pontevedra, 19 de novembro de 2025. Concello de Pontevedra confirmou hoxe que a tempada de Nadal comezará oficialmente na cidade o vindeiro 5 de decembro, coincidindo co acendido das luces de Nadal. 

O concelleiro de Festas, Demetrio Gómez explicou que "os veciños e veciñas de Pontevedra seguro que xa se fixaron que estamos colocando o alumeado de Nadal porque as datas xa están aí, pegadiñas, e non queda nada para esta época tan bonita". Tamén subliñou o esforzo que se está realizando dende o Departamento de Festas para preparar a cidade a tempo. "Estamos traballando a tope para poder ascender o alumeado e que as festas do Nadal poidan comezar o vindeiro 5 de decembro, como é tradicional o primeiro día da ponte".

Ademais da confirmación da data, o concelleiro de Festas sinalou que haberá novidades no deseño deste ano, que buscará expandir a imaxe festiva a todas as zonas da cidade. O alumeado de Nadal incluirá novas figuras tridimensionais de luces co obxectivo de incrementar o atractivo visual.

Pontevedra acenderá as luces do Nadal o 5 de decembro