O ACTO CELEBROUSE NUN ATEIGADO SALÓN DE PLENOS
Pontecesures celebra os seus 100 anos como concello independente
O xoves 9 de outubro o concello de Pontecesures celebrou cen anos de historia, identidade e orgullo como concello independente. Un ateigado Salón de Plenos acolleu un emotivo acto institucional no que participaron representantes municipais, antigos alcaldes e alcaldesas e veciñanza.
A celebración incluíu a interpretación da Muiñeira de Cesures pola agrupación AC Xarandeira e a proxección dun documental protagonizado por veciños e veciñas que, coas súas historias vitais, puxeron voz e rostro aos cen anos de vida do municipio.
A alcaldesa, Maite Tocino, aproveitou a súa intervención para renderlle homenaxe á primeira corporación municipal de 1925 e a todas as persoas que, co seu esforzo e compromiso, contribuíron ao longo do tempo a construír a Pontecesures de hoxe en día.
“𝑄𝑢𝑒 𝑒𝑠𝑡𝑒 𝑎𝑛𝑖𝑣𝑒𝑟𝑠𝑎𝑟𝑖𝑜 𝑛𝑜𝑛 𝑠𝑒𝑥𝑎 𝑠𝑜́ 𝑢𝑛 𝑟𝑒𝑐𝑜𝑟𝑑𝑜, 𝑠𝑒𝑛𝑜́𝑛 𝑢𝑛 𝑖𝑚𝑝𝑢𝑙𝑠𝑜 𝑝𝑎𝑟𝑎 𝑠𝑒𝑔𝑢𝑖𝑟 𝑠𝑜𝑛̃𝑎𝑛𝑑𝑜 𝑒 𝑡𝑟𝑎𝑏𝑎𝑙𝑙𝑎𝑛𝑑𝑜 𝑥𝑢𝑛𝑡𝑎𝑠 𝑒 𝑥𝑢𝑛𝑡𝑜𝑠 𝑝𝑜𝑙𝑜 𝑓𝑢𝑡𝑢𝑟𝑜 𝑑𝑎 𝑛𝑜𝑠𝑎 𝑣𝑖𝑙𝑎. 𝑃𝑜𝑟𝑞𝑢𝑒 𝑃𝑜𝑛𝑡𝑒𝑐𝑒𝑠𝑢𝑟𝑒𝑠 𝑒́ 𝑚𝑜𝑖𝑡𝑜 𝑚𝑎́𝑖𝑠 𝑞𝑢𝑒 𝑢𝑛 𝑙𝑢𝑔𝑎𝑟: 𝑒́ 𝑢𝑛 𝑠𝑒𝑛𝑡𝑖𝑚𝑒𝑛𝑡𝑜, 𝑢𝑛ℎ𝑎 forma 𝑑𝑒 𝑒𝑛𝑡𝑒𝑛𝑑𝑒𝑟 𝑜 𝑡𝑟𝑎𝑏𝑎𝑙𝑙𝑜, 𝑎 𝑣𝑖𝑑𝑎 𝑒 𝑎 𝑐𝑜𝑚𝑢𝑛𝑖𝑑𝑎𝑑𝑒”, sinalou a rexedora.